Acorde coa norma ortográfica vixente
Pensado e redactado para estudantes de secundaria e bacharelato, de 12 a 18 anos, seguindo as directrices da Reforma Educativa.
-Un formato manexable cun deseño concibido para facilitar a localización das entradas e doutros aspectos da información que figuran salientados nunha cor diferente ao resto do texto.
-31.500 entradas e máis de 60.000 definicións acordes coas necesidades do alumnado, con incorporación das voces máis recentes xeradas polas novas tecnoloxías.
-Máis de 50.000 exemplos de uso que ilustran os posibles contextos das distintas acepcións ou amplían información enciclopédica.
-Escolma dos erros léxicos máis frecuentes (2.300) e remisión ás formas correctas e normativas.
-Máis de 30.000 sinónimos e 5.000 antónimos específicos por acepción.
-5.800 expresións e frases feitas.
-Relación de 4.700 familias léxicas.
-Información fonética en estranxeirismos e palabras homófonas.
-46 modelos verbais, que inclúen os paradigmas de cada conxugación, os verbos irregulares e os regulares con algunha particularidade morfolóxica.
-19 cadros gramaticais con información clara e ordenada sobre pautas de acentuación, oracións comparativas, uso do infinitivo conxugado, formación do plural, perífrases verbais, signos de puntuación etc., así como unha ampla listaxe dos topónimos e xentilicios de Galicia, de España e do mundo.